Ditadura de Primo de Rivera

O xeneral Primo de Rivera (dereita), xunto ao rei Afonso XIII.

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.

A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República Española.

Foi considerada como «o primeiro ensaio de institucionalización consciente do nacionalismo español» autoritario cuxo instrumento foi o Exército, fortemente corporativo e militarista.​[1]

  1. Núñez Seixas (2018), p. 58

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search